Quen Somos…
APIS NOVA é unha iniciativa de Davide Antón Outeiro Castiñeira, veterinario e apicultor, natural de Abegondo (A Coruña), que se asenta na Baixa Limia – Serra do Xurés (Ourense), onde entra en contacto coa apicultura. Unha produción que se presenta como o medio idóneo onde aplicar os seus coñecementos e experiencia.
Licenciado en Medicina Veterinaria pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) e pola Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro (UTAD). Formador dos cursos de Aptitude Agraria da Xunta de Galicia. Técnico veterinario responsable de Programas Sanitarios das ADSG para ADSGESTIÓN de Guitiriz (Lugo), traballo que compatibiliza cos servizos veterinarios á empresa XAN, Xestión Agrogandeira e Natureza. En 2008 establécese como veterinario clínico independente en Ourense e Trás-Os-Montes (Portugal), e desde 2009 traballa para CELAVET en Celanova. En 2017 abandona o exercicio clínico para se dedicar por completo á apicultura e á formación en sanidade apícola.
Membro activo de diversas asociacións para a conservación do medio e o desenvolvemento rural. Actualmente dirixe o CITRAN (Centro para a Interpretación da Tracción Animal), en Requeixo de Grou (Lobios).
Con ampla participación en cursos, xornadas e obradoiros, das áreas veterinaria, ambiental e agropecuaria, como asistente e organizador.
